A gastronomía etíope está basada en varios entrantes e pratos de verdura e carne picantes, normalmente guisados, servidos encima dunha injera, un fino pan alargado. A injera é unha especie de crèpe feita con cereais que se cultivan en Etiopía.
A cociña tradicional etíope non usa carne de porco de ningún tipo, xa que o islam e a igrexa ortodoxa etíope prohíbeo.
As carnes que se utilizan para cociñar, son principalmente a tenreira, o polo , pescado, cabra ou cordeiro.
A cociña etíope conta con moitos platos vexetarianos , nos que se utilizan verduras e legumes como as xudías, lentellas, patacas, cenorias e acelgas.
En canto á bebida o cefé etíope, o tel (viño de mel), e a tella (cerveza caseira).
Na actualidade a dramática escaseza de alimentos e os elevados niveles de malnutrición afligen todavía a millóns de persoas en diversas provincias de Etiopía.
En torno a 13,2 millóns de persoas necesitan urxentemente axuda.
A situación é crítica.
FONTE: FAO e Wikipedia
No hay comentarios:
Publicar un comentario